Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Aí ven o maio

Para rematar a semana queremos despedila por todo o grande co recitado do poema Aí vén o maio de Manuel Curros Enríquez interpretado por Jose Antonio Ledo Álvarez de 3ºESO. Nós tamén queremos un maio sen sen bruxas nin demos, un maio sen segas para a nosa lingua e cultura. Queremos un maio con nenas e nenos, un maio con falantes conscientes que senten orgullo do seu! Queremos 100 maios máis para a nosa lingua! Feliz vida en galego!

Letras Galegas dende a casa: nova entrega!

Estamos felices! Seguimos recibindo propostas de lectura coa implicación de toda a familia! Como nos gusta iso! Porque sabemos que tecendo todas xuntas duraremos mil primaveras máis!! Escoitade a Jacqueline Diz Pavón, de 1ºESO B... e tede un bo día en galego!!

Tarefas 2ºESO_semana do 25 de maio ao 5 de xuño

Imaxe
Ola a todas e todas!! Para estas dúas semanas imos facer actividades de repaso das primeiras unidades do libro. Premede  aquí e xa acededes ás actividades para facelas no propio documento. Calquera dúbida, preguntádeme. Ánimo!

Que facemos en lingua galega de 1º ESO esta semana, do 25 ao 29 de maio?

Imaxe
Queridiñas e queridiños!! Comezamos nova fase de desconfinamento e estreamos a última semana de maio!! En Lingua Galega continuamos coa Grande Viaxe! Facemos o punto 2 e o punto 3 (só ata os alfabetos!) Seguimos coas aventuras do científico soñador Hadrián do Proxecto Bolboreta e lemos ata a páxina 44... Despois comentamos o xoves na vídeo quedada! Lembrades que temos mascotas?? Eu creo que ben merecen unha historia!!! Reparade nelas e inventade un pequeno diálogo coas nosas amigas! Moito alento e moi boa semana!!! https://view.genial.ly/5e9420ab82c07e0d857d0e2c/learning-experience-didactic-unit-viaxes

Letras Galegas dende a casa!

Queridiñas e queridiños! Estamos a piques de rematar o mes de maio. Pero da mellor maneira! Marcos Sánchez de 1º ESO B agasállanos con esta lectura, dende a casa e en galego! Feliz semana!!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola a todas e todos! Xa é venres pero aínda que remata a nosa semana das letras, queremos lembrarvos que todo o ano é o día das letras, pois a nosa lingua é parte da nosa identidade. Nunca o esquezades, con vós, sempre será primavera para a nosa lingua. Hoxe tedes un videoxogo moi chulo, co cal chegaredes lonxe se vos lembrades de todo o aprendido esta semana. Así que... adiante! Premede  aquí e gozade co xogo! E, xa sabedes, en galego dende a casa, HOXE E SEMPRE! Feliz vida coas nosas letras!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola un día máis! Quen resolveu o misterio? Alguén pasou medo? Pois hoxe ides ser detectives e ides vivir unha nova aventura. Premede aquí a ver a sorte que tedes! E, xa sabedes, en galego dende a casa! Feliz mes das letras!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola!! Que tal vai a semana? Como foron as portas? Alguén se meteu por onde non debía? Para hoxe temos un misterio! Premede  aquí e resolvede o misterio! Sorte! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola! Como estades?  Xa sabedes algo máis dos nosos escritores coa actividade de onte? Pois para hoxe imos abrirlle as portas á lingua. Lede, pensade e abride a porta correcta para chegar a un bo lugar. Pulsade  aquí e entrade! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola! Como vai todo? Estades preparadas e preparados para unha semana ben chula? Para seguir conmemorando a figura de Ricardo Carvalho Calero, ao longo desta semana haberá tarefas lúdicas, pero con moito contido sobre a literatura galega. Estade ben atentas e atentos por hoxe presentámosvos  Quen é? Primeiro entrade aquí e lede, mirade e comprendede! Unha vez que xa tedes viaxado por esa imaxe, entrade aquí e aprendede con Quen é? Descubride os autores e autoras mediante as pistas! Gozade coas nosas letras! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!

Letras galegas dende a casa!

Ola a todas e a todos!! A sorpresa de hoxe tráenvola outras dúas profesoras. Mirade o que vos contan e a ver se sabedes responder. Cales son escritoras que menciona Marta Casal? Cal é o nome da poetisa que escolleu Nati Diéguez? Por que di que a escolleu?  A ver que adiviña! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!

Letras galegas dende a casa!

Imaxe
Ola a todas e a todos! Agardamos que esteades ben nas vosas casas e, aínda que nos gustaría estar no colexio con todos vós, non é posible como ben sabedes. Non obstante, non queremos deixar de celebrar o Día das letras galegas , e por iso desde o Departamento de Lingua e literatura, imos celebrar o ano de Ricardo Carvalho Calero dun xeito especial! A partir de hoxe e ata o próximo venres 22 de maio, haberá unha sorpresa cada día relacionada coa materia, coas letras, coa lingua e, por suposto, relacionada con vós. Estade atentas e atentos, porque imos pasalo moi ben sen deixar de aprender! Aquí  tedes a primeira sorpresa de dúas profesoras! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!  

Tarefa 4º ESO_semana do 11 de maio

Imaxe
Ola a todos! Esta semana tedes que realizar un comentario de texto deste relato que vos achego aquí . Seguide o guión da páxina 2 do apéndice do segundo tomo do libro de texto: Análise dun texto narrativo. Déixovos tamén un vídeo baseado no relato. Tedes de prazo ata o luns 18. Entregádeo pola aula virtual, por favor. Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme. Saúdos!!

Tarefa 2º ESO_semana do 11 de maio

Imaxe
Moi boas!! Como ides coa vosa viaxe? Imos seguir avanzando e esta semana pasamos á Unidade 2 da nosa viaxe, titulada Escollemos destino! Deste xeito, tedes que seguir as indicacións que se vos dan a partir da diapositiva número 20. Podedes seguir realizando as actividades no mesmo arquivo onde comezastes a viaxe ou noutro diferente, como vos sexa máis cómodo de doado. Aquí tedes a presentación para seguir Poñemos de prazo ata o luns día 18 de maio ás 14 horas. Se alguén ten calquera dúbida ou cuestión, que me pregunte. Moito ánimo e boa viaxe!!

Tarefas 3ºESO_ semana do 11 de maio

Imaxe
Ola a todos! Esta semana imos traballar cos maios e os textos argumentativos. O prazo de entrega é o luns 18 de maio ás 16horas. Para iso, temos que ir ao libro de texto, ao comezo da Unidade 9 e facer o seguinte: Tras ler o texto dos Maios, debedes realizar as preguntas que aparecen na sección "Escoita ou le e responde" Despois ledes as lecturas das páxinas 222 e 223 e realizades os seguintes exercicios da páxina 225: do 1 ao 5 (incluídos)  A continuación ledes e estudades a páxina 225 e facedes as actividades do 1 ao 17 (ambos tamén incluídos). O exercicio 17 debe ter un mínimo de 10 liñas . Aquí vos deixo unha explicación do texto argumentativo: Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme! Ánimo!

Tarefas para a semana do 4 de maio_4ºESO

Imaxe
Ola a todas e todos! Esta semana imos traballar cos prexuízos lingüísticos. Para iso tedes que realizar a lectura da páxina 199 do libro de texto e realizar as tarefas todas da páxina 200 . Entregade as tarefas pola aula virtual. Alí tamén vos deixo os enlaces aos vídeos. Tedes de prazo ata o luns día 11 de maio . Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme. Ánimo!!

Tarefa para a semana do 4 de maio_3ºESO

Imaxe
Ola  todas e todos!! Para esta semana de maio imos facer todas as actividades da páxina 219 do libro de texto . Os exercicios todos, incluído o 13! Copiade todos os enunciados e facede, por favor, os exercicios en formato dixital e entregádeos pola aula virtual. Tedes de prazo ata o venres 8 de maio ás 14  horas! Calquera cuestión ou dúbida, preguntádeme!! Ánimo!!

Tarefa para a semana do 4 de maio_2ºESO

Imaxe
Ola a todas e a todos!! Esta semana imos ir de viaxe!! Si, si; cansas e cansos de estar na casa imos viaxar polo mundo. Destino? O que vós queirades!! Seguide as instrucións de todo o proceso aquí . Desta volta, déixovos 10 días de prazo, polo que debedes facer todas as actividades d a unidade 1 da presentación , e tedes que entregálaa o día 14 de maio como prazo máximo . Lede ben cada unha das diapositivas porque en todas hai algo que facer, ler ou pensar. Creade o voso caderno de bitácora ben no caderno da clase ou creade un dixital en word, libre office, power point... Lembrade entregalo pola aula virtual! Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme! Boa viaxe!!

Celebración do día do libro dende a casa

Imaxe
Ola! Despois de reflectir as vosas sensacións e pensamentos a través de obxectos da vida cotiá durante o confinamento, aquí tedes o resultado! Cal vos gusta máis? Cal é o máis enxeñoso? Hai que ler para ver!