Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Tarefas para a semana do 27 de abril_2ºESO

Imaxe
Ola a todas e a todos! Esta semana volvemos ao libro de texto e imos facer a lectura das páxinas 138 e 139. A continuación, debedes realizar os exercicios de compresión lectora da páxina 140: do 1 ao 7 incluídos e máis o exercicio 15. Ademais da páxina 144, os exercicios 1, 2 e 3. (non é necesario copiar o encrucillado, poñede só as palabras) Todos estes exercicios debedes realizalos en formato dixital e entregalos a través da aula virtual. Tedes de prazo ata o luns, 4 de maio, ás 14 horas . Se alguén non pode, por algunha cuestión, que mo faga saber. Se tedes dúbidas ou calquera cuestión, preguntádeme! Ánimo!

Tarefas para a semana do 27 de abril_3ºESO

Imaxe
  Ola a todas e a todos! Esta semana imos volver ao libro de texto e tedes que entregarme en formato dixital pola aula virtual os exercicios das páxinas 212, 213 e 215 que xa fixestes antes da semana de Pascua. Aquí tedesTedes aquí a explicación desa semana.  Achégovos, tamén, aquí a presentación que explicariamos na clase para que a leades con calma e entendades a poesía de Rosalía de Castro. Unha que teñades lido a presentación, debedes entregar un comentario literario  deste poema Para realizado tedes que seguir o guión da páxina 1 do apéndice do libro de texto (2º tomo) e unha vez feito, entregádeo en formato dixital (word) a través da aula virtual. Tedes de prazo ata o luns, 4 de maio,  ás 14h. Se alguén non pode, que mo faga saber. Fixádevos ben na ortografía! Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme. Ánimo!!

Tarefas para a semana do 27 de abril_4ºESO

Imaxe
Ola, a todas e todos! Esta semana imos volver ao libro de texto. Así pois, lede detidamente as páxinas 201 até a 205. Déixovos aquí a presentación que preparei para a clase. Lédea con calma e procurade entendela. A partir dela farei preguntas na proba final. Unha vez que teñades a teoría asimilada, tedes que realizar dous comentarios literarios de cada un dos poemas que hai na páxina 205: Longa noite de pedra e Deitado fronte ao mar. Para realizar os comentarios tedes que seguir o guión  da páxina 1 do apéndice. As páxinas 3 e 4 do apéndice tamén vos poden axudar. Estes dous comentarios son obrigatorios e lembrade que deben ir ben revisados e sen faltas. Entregádeos antes do  luns, 4 de maio, ás 14h pola aula virtual e en dous arquivos diferentes. Calquera dúbida ou cuestión preguntate. Moito ánimo!

Actividade para todos os cursos. Semana do 20 de abril, a semana do libro!

Imaxe
  Celebramos o día do libro... dende a casa! Queridas e queridos:    Ola a todas e todos! O día 23 de abril é o día Internacional do libro e nós queremos celebralo porque os libros nos axudan a medrar, a aprender, a imaxinar e permítennos viaxar e soñar! Deste xeito, escaneamos este libro titulado Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras que podes ler aquí . A través do libro poderás viaxar polo mundo e atopar certo paralelismo coa situación que estamos a vivir. Vaino lendo pouco a pouco, porque con el traballaremos nas vindeiras semanas!   Ademais, tamén queremos celebrar este día dende a casa, porque, aínda que non o pareza, está chea de recursos poéticos!   Aquí van unhas instrucións para axudarvos a realizar a tarefa desta semana: Rebule na cociña, no salón ou na veiga e mira con novos ollos os obxectos: o relador, o escachanoces, o batedor, a escumadeira, a macheta, unha pa... Podes atrezzalos ou adornalos un chisco para crear metáforas! Si,

Actividade 2º, 3º e 4º ESO. Semana do 14 de abril

Imaxe
Ola a todas e todos! Aquí estamos de volta despois das vacacións de Pascua para continuar co 3º trimestre. A tarefa desta semana é moi sinxela pero cómpre que a fagades ben porque é importante. Todas e todos tedes que redactar un correo electrónico e mandalo ao enderezo: alinguadofailde@gmail.com O enunciado da tarefa está neste documento, se pinchas  aquí   xa podes ver o que tes que facer; e non esquezas enviarme o correo electrónico coma se eu fose Fritz. Mínimo 7 liñas no corpo do email. Podes engadir información que consideres que lle interesaría a Fritz. Por cada alumno/a teño que recibir un email coa tarefa. Aquí tamén che deixo a explicación de como se debe redactar un correo electrónico. Debes facelo así e non pode haber ningún tipo de erro ortográfico nin morfolóxico. Se dubidas nalgunha palabra consulta do dicionario da Real Academia Galega https://academia.gal/dicionario

Felices vacacións!

Imaxe
Queridas e queridos! Na casa, na finca, no piso... respectamos as normas pero chegaron as vacacións... Son tempos estraños, pero han pasar e hannos facer mellores! Gozade da familia e lede algo... en galego! Propoñemos unha lectura opcional, que non todo vai ser tele! Para 1º ESO: Se premedes aquí , podedes descargala! Moreas de bicos , virtuais e sen virus!