Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Gustei

Imaxe
Seguimos analizando topónimos e esta vez comentámosvos o significado de Gustei. A súa orixe está en Villam Godestei , unha vila dun tal Godesteo. Godesteo é un nome de orixe xermánico, coa raíz GUT-, a mesma do inglés good ''bo'', o que non quere dicir que o home chamado así fose un suevo ou un visigodo; pois era un galego que levaba un nome xermánico porque se puxera de moda na alta Idade Media. Aquí vos deixamos varios exemplos de onde se rexistra a orixe do topónimo de Gustei.

Creando o mapa.

Un día máis estamos aquí para ensinarvos como avanza o noso proxecto. Desta volta amosámosvos como vai collendo forma o mapa xigante cos nosos concellos. Unha vez rematado colocaremos os códigos QR e estará exposto para toda a comunidade educativa. Ata outra! https://docs.google.com/presentation/d/1csR8pK1HADn3hnFllLTlPRcyab7xYCaKpvHR3uIgZAc/edit?usp=sharing

Sobral por Ana de 2ESO A

Imaxe

O Tombo de Celanova.

Imaxe
Como ben sabedes estamos analizando os nosos topónimos e pedímoslle axuda a Gonzalo Navaza. El moi amablemente e desinteresadamente está colaborando co noso proxecto. Aquí vos deixamos unha captura na cal podedes observar que xa no ano 1004, Cudeiro aparecía no Tombo de Celanova coma Cutario.

Cudeiro por Uxía de 2°ESOA

Imaxe