Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Tarefas 1º ESO para a semana do 30 marzo ao 3 de abril

Imaxe
Queridas e queridos! Unha semana máis... Moito alento! Para activar as nosas mentes, propoño estas tarefas. Xa sabedes as instrucións: ler con atención, argumentar e reparar na ortografía! Tarefas de repaso: Palabras homófonas: preme aquí Ortografía do V e do B: preme aquí Vocabulario: preme aquí Tarefa de lectura: Premendo sobre o título  aparécevos o enlace da lectura de Relatos mínimos , de Agustín Fernández Paz. Lede e comentade a vosa opinión. Escribide vós un relato mínimo e mandádemo ao correo (natividadeborrajo@edu.xunta.gal). Proposta de investigación: xa sabedes que o día 2 de abril é o día da Literatura Infantil e Xuvenil. Ben, encantaríame que buscarades información sobre:  Por que ese día? Que contos escribiu ese autor? Cales non coñecías? E despois:  Inspírate nun dos títulos e reescribe ti un conto.  Cal é o libro ou conto que liches que máis che gustou? Por que? Boa e feliz semana!!

Tarefas 2ºESO para a semana 30 de marzo

Ola a todas e todos! Agardo que esteades ben e que vaiades avanzando no traballo. Para as sesións desta semana, imos volver ao libro de texto. Déixovos aquí o vídeo no que vos explico as actividades que tedes que realizar. Tamén vos deixo esta presentación para completar o apartado de Lingua e sociedade: https://prezi.com/0ihjazs6-u_u/normalizacion/ Calquera dúbida ou cuestión, escribídeme ao correo electrónico. Moito ánimo!

Tarefas 3ºESO para a semana do 30 de marzo

Ola a todas e todos! Agardo que esteades ben e que vaiades avanzando no traballo. Para as sesións desta semana, imos volver ao libro de texto. Déixovos aquí o vídeo no que vos explico as actividades que tedes que realizar. Tamén vos deixo esta presentación para completar o apartado de Literatura: https://www.slideshare.net/trafegandoronseis/rosala-de-castro-32103771 Calquera dúbida ou cuestión, escribídeme ao correo electrónico. Moito ánimo!

Tarefas 4ºESO para a semana do 30 de marzo

Ola a todas e todos! Agardo que esteades ben e que vaiades avanzando no traballo. Para as sesións desta semana, imos volver ao libro de texto. Déixovos aquí o vídeo no que vos explico as actividades que tedes que realizar. Tamén vos deixo esta presentación para completar o apartado de Literatura: https://prezi.com/p/zxb5gqlghdl9/nova-narrativa-galega/ Calquera dúbida ou cuestión, escribídeme ao correo electrónico. Moito ánimo!

Tarefas para 1º ESO

Imaxe
Benqueridiñas e benqueridiños! Propoño unha tarefa de lectura para todo 1º ESO: Picade na palaraba enlace:   enlace   Escollede un dos contos do autor Fran Alonso e lédeo con atención.  Escribide  no voso caderno a vosa opinión persoal, ben redactada e argumentando sempre! Inspirádevos nesa lectura e escribide vós agora un texto curto sobre a situación que estamos vivindo ou sobre calquera outra cousa.  Lembrade revisar o texto, a acentuación e a ortografía.

Tarefas para 2º, 3º e 4º ESO para a semana do 23 de marzo

Ola a todas e todos! Agardo que esteades ben, xunto coa vosa familia. Para as tres sesións semanais que temos da materia de Lingua galega e literatura, nesta semana do 23 ao 27 de marzo, imos realizar unha lectura colectiva e crítica da obra Memorias dun neno labrego . Aquí tedes as pautas para 2º, 3º e 4º ESO: Debedes acceder a ese enlace https://memoriasnenolabrego.pressbooks.com/chapter/eu-son/ Ao entrar xa tedes o primeiro capítulo. Na parte esquerda, tedes o menú cos restantes capítulos "Contents". Se clicades aí, desprégase unha columna que pon "Conteúdo principal" e podedes acceder a todos os capítulos para ler. Unha vez que xa teñades lido o libro, accededes a este enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/aulavirtual2/pluginfile.php/14230/mod_resource/content/1/Guiamemoriasdunneno.pdf Copiades as preguntas no caderno de Lingua galega e literatura e respondedes despois de ler a obra.  Déixovos o vídeo no cal explico os pasos para a