Tarefas para 2º, 3º e 4º ESO para a semana do 23 de marzo
Ola a todas e todos!
Agardo que esteades ben, xunto coa vosa familia.
Para as tres sesións semanais que temos da materia de Lingua galega e literatura, nesta semana do 23 ao 27 de marzo, imos realizar unha lectura colectiva e crítica da obra Memorias dun neno labrego.
Aquí tedes as pautas para 2º, 3º e 4º ESO:
Unha aperta!

- Debedes acceder a ese enlace https://memoriasnenolabrego.pressbooks.com/chapter/eu-son/
- Ao entrar xa tedes o primeiro capítulo.
- Na parte esquerda, tedes o menú cos restantes capítulos "Contents". Se clicades aí, desprégase unha columna que pon "Conteúdo principal" e podedes acceder a todos os capítulos para ler.
- Unha vez que xa teñades lido o libro, accededes a este enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/aulavirtual2/pluginfile.php/14230/mod_resource/content/1/Guiamemoriasdunneno.pdf
- Copiades as preguntas no caderno de Lingua galega e literatura e respondedes despois de ler a obra.
- Déixovos o vídeo no cal explico os pasos para acceder aos enlaces:
- Para o alumnado de 4ºESO, ademais do anterior, tedes que buscar información sobre Xosé Neira Vilas e situalo na historia da literatura galega. Unha vez feito isto, investigade por que non se inclúe este autor dentro da Nova Narrativa Galega, que é o seguinte tema que imos dar.
- Para o alumnado de 3ºESO, lémbrovos que esta semana tamén remata o prazo para envíar a tarefa de Creación dunha campaña de Normalización Lingüística. Enviade o traballo a: alinguadofailde@gmail.com
Unha aperta!
Comentarios
Publicar un comentario