Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Consulta a Gonzalo Navaza

Imaxe
Tras consultar bibliografía variada, non somos capaces de dar co significado dalgúns topónimos, pois iso pensamos en pedirlle colaboración a Gonzalo Navaza. Aquí vos deixamos unha imaxe da carta coa nosa consulta.

Fichas de traballo

Boas! Estivemos a recompilar información sobre os nosos topónimos: significado, historias, lendas e étimo latino... Para levar unha boa organización, cubrimos estas fichas de traballo. https://docs.google.com/presentation/d/109rMIXRZwfEJDQfkT-nH_fyTXdV69q1qiGtjBTNKiNs/edit?usp=sharing

Visionamento da película

Imaxe
Boas! Tras ver a película Pelerinaxes  puidemos facernos unha idea de como foi o camiño que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey. A partir de agora xa nos centramos nos nosos topónimos.

Pelerinaxe, a película

Imaxe
Ola de novo! Onte vimos a película Pelerinaxe , de Simone Saibene, baseada no libro co mesmo título de Otero Pedrayo. Vimos o comezo xa que era o que nos interesaba, porque é onde se ven lugares da nosa contorna. Deixámosvos o trailer:

Traballo de campo

Boas! Hoxe imos falarvos de como faremos o noso proxecto. Para recoller toda a información do proxecto elaboramos unha ficha cos seguintes apartados: nome do topónimo, tipoloxía, tipo de construción, significado... Cada un de nós fomos investigando e preguntando aos nosos veciños e familiares lendas, curiosidades e xustificacións de por que onde vivimos se chama así. Tamén buscamos información nalgúns manuais de toponimia e tamén na web Dicionario de dicionarios . Seguiremos informando do noso traballo.

Presentación

Imaxe
Ola! Somos o alumnado de segundo da ESO e imos comezar o noso proxecto que leva por título O camiño da lingua . A través deste proxecto estudaremos a toponimia da nosa zona. Comezaremos investigando o significado dos nosos topónimos, recolleremos lendas e outras particulariedades da nosa contorna. A idea xurdiu a partir do libro Pelerinaxes de Ramón Otero Pedrayo, no cal realiza unha viaxe a pé con Ben Cho Shey e Vicente Risco dende a Praza do Ferro de Ourense ata Santo Andrés de Teixido; e nesta viaxe nomea moitos dos lugares nos que nós vivimos.