Tarefas 1º ESO para a semana do 30 marzo ao 3 de abril
Queridas e queridos!
Unha semana máis... Moito alento!
Tarefas de repaso:
Tarefa de lectura: Premendo sobre o título aparécevos o enlace da lectura de Relatos mínimos, de Agustín Fernández Paz. Lede e comentade a vosa opinión. Escribide vós un relato mínimo e mandádemo ao correo (natividadeborrajo@edu.xunta.gal).
Unha semana máis... Moito alento!
Para activar as nosas mentes, propoño estas tarefas. Xa sabedes as instrucións: ler con atención, argumentar e reparar na ortografía!
Tarefas de repaso:
- Palabras homófonas: preme aquí
- Ortografía do V e do B: preme aquí
- Vocabulario: preme aquí
Proposta de investigación: xa sabedes que o día 2 de abril é o día da Literatura Infantil e Xuvenil. Ben, encantaríame que buscarades información sobre:
- Por que ese día?
- Que contos escribiu ese autor? Cales non coñecías?
E despois:
- Inspírate nun dos títulos e reescribe ti un conto.
- Cal é o libro ou conto que liches que máis che gustou? Por que?
Boa e feliz semana!!
Comentarios
Publicar un comentario