Actividade 2º, 3º e 4º ESO. Semana do 14 de abril


Ola a todas e todos!
Aquí estamos de volta despois das vacacións de Pascua para continuar co 3º trimestre.

A tarefa desta semana é moi sinxela pero cómpre que a fagades ben porque é importante.
Todas e todos tedes que redactar un correo electrónico e mandalo ao enderezo: alinguadofailde@gmail.com

O enunciado da tarefa está neste documento, se pinchas aquí  xa podes ver o que tes que facer; e non esquezas enviarme o correo electrónico coma se eu fose Fritz. Mínimo 7 liñas no corpo do email. Podes engadir información que consideres que lle interesaría a Fritz.

Por cada alumno/a teño que recibir un email coa tarefa.

Aquí tamén che deixo a explicación de como se debe redactar un correo electrónico. Debes facelo así e non pode haber ningún tipo de erro ortográfico nin morfolóxico. Se dubidas nalgunha palabra consulta do dicionario da Real Academia Galega https://academia.gal/dicionario


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Teus Doces Cantares. Día de Rosalía

Feliz verán a todas e todos!!!