Blog do Departamento de Lingua galega e literatura
Letras Galegas dende a casa!
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Queridiñas e queridiños! Estamos a piques de rematar o mes de maio. Pero da mellor maneira! Marcos Sánchez de 1º ESO B agasállanos con esta lectura, dende a casa e en galego!
Ola a todas e a todos!! A sorpresa de hoxe tráenvola outras dúas profesoras. Mirade o que vos contan e a ver se sabedes responder. Cales son escritoras que menciona Marta Casal? Cal é o nome da poetisa que escolleu Nati Diéguez? Por que di que a escolleu? A ver que adiviña! E, xa sabedes, en galego, dende a casa! Feliz mes das letras!
Queridiñas e queridiños! Remata o curso! Chegan as vacacións e o descanso... Lembrade unha boa lectura, unha boa música e unha conversa son bos compañeiros de lecer. E se son en galego, mellor aínda!! Bicos grandes, en galego e sen virus!
Para rematar a semana queremos despedila por todo o grande co recitado do poema Aí vén o maio de Manuel Curros Enríquez interpretado por Jose Antonio Ledo Álvarez de 3ºESO. Nós tamén queremos un maio sen sen bruxas nin demos, un maio sen segas para a nosa lingua e cultura. Queremos un maio con nenas e nenos, un maio con falantes conscientes que senten orgullo do seu! Queremos 100 maios máis para a nosa lingua! Feliz vida en galego!
Comentarios
Publicar un comentario