Letras galegas dende a casa!


Ola a todas e a todos!

Agardamos que esteades ben nas vosas casas e, aínda que nos gustaría estar no colexio con todos vós, non é posible como ben sabedes.

Non obstante, non queremos deixar de celebrar o Día das letras galegas, e por iso desde o Departamento de Lingua e literatura, imos celebrar o ano de Ricardo Carvalho Calero dun xeito especial!

A partir de hoxe e ata o próximo venres 22 de maio, haberá unha sorpresa cada día relacionada coa materia, coas letras, coa lingua e, por suposto, relacionada con vós.

Estade atentas e atentos, porque imos pasalo moi ben sen deixar de aprender!

Aquí  tedes a primeira sorpresa de dúas profesoras!



E, xa sabedes, en galego, dende a casa!

Feliz mes das letras!


 







Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Tarefas 2ºESO para a semana 30 de marzo