Tarefas 3ºESO_ semana do 11 de maio




Ola a todos!
Esta semana imos traballar cos maios e os textos argumentativos. O prazo de entrega é o luns 18 de maio ás 16horas.
Para iso, temos que ir ao libro de texto, ao comezo da Unidade 9 e facer o seguinte:
  • Tras ler o texto dos Maios, debedes realizar as preguntas que aparecen na sección "Escoita ou le e responde"
  • Despois ledes as lecturas das páxinas 222 e 223 e realizades os seguintes exercicios da páxina 225: do 1 ao 5 (incluídos) 

  • A continuación ledes e estudades a páxina 225 e facedes as actividades do 1 ao 17 (ambos tamén incluídos). O exercicio 17 debe ter un mínimo de 10 liñas. Aquí vos deixo unha explicación do texto argumentativo:

Calquera dúbida ou cuestión, preguntádeme!
Ánimo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarefas 2ºESO para a semana 30 de marzo