Que facemos en lingua galega de 1º ESO esta semana, do 25 ao 29 de maio?

Queridiñas e queridiños!!

Comezamos nova fase de desconfinamento e estreamos a última semana de maio!!

En Lingua Galega continuamos coa Grande Viaxe! Facemos o punto 2 e o punto 3 (só ata os alfabetos!) Seguimos coas aventuras do científico soñador Hadrián do Proxecto Bolboreta e lemos ata a páxina 44... Despois comentamos o xoves na vídeo quedada!

Lembrades que temos mascotas?? Eu creo que ben merecen unha historia!!! Reparade nelas e inventade un pequeno diálogo coas nosas amigas!

Moito alento e moi boa semana!!!

https://view.genial.ly/5e9420ab82c07e0d857d0e2c/learning-experience-didactic-unit-viaxes



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarefas 2ºESO para a semana 30 de marzo