Tarefas 1º ESO para a semana do 30 marzo ao 3 de abril
Queridas e queridos! Unha semana máis... Moito alento! Para activar as nosas mentes, propoño estas tarefas. Xa sabedes as instrucións: ler con atención, argumentar e reparar na ortografía! Tarefas de repaso: Palabras homófonas: preme aquí Ortografía do V e do B: preme aquí Vocabulario: preme aquí Tarefa de lectura: Premendo sobre o título aparécevos o enlace da lectura de Relatos mínimos , de Agustín Fernández Paz. Lede e comentade a vosa opinión. Escribide vós un relato mínimo e mandádemo ao correo (natividadeborrajo@edu.xunta.gal). Proposta de investigación: xa sabedes que o día 2 de abril é o día da Literatura Infantil e Xuvenil. Ben, encantaríame que buscarades información sobre: Por que ese día? Que contos escribiu ese autor? Cales non coñecías? E despois: Inspírate nun dos títulos e reescribe ti un conto. Cal é o libro ou conto que liches que máis che gustou? Por que? Boa e feliz semana!!