Queridiñas e queridiños! Estamos a piques de rematar o mes de maio. Pero da mellor maneira! Marcos Sánchez de 1º ESO B agasállanos con esta lectura, dende a casa e en galego! Feliz semana!!
Estamos felices! Seguimos recibindo propostas de lectura coa implicación de toda a familia! Como nos gusta iso! Porque sabemos que tecendo todas xuntas duraremos mil primaveras máis!! Escoitade a Jacqueline Diz Pavón, de 1ºESO B... e tede un bo día en galego!!
Ola a todas e todos! Agardo que esteades ben e que vaiades avanzando no traballo. Para as sesións desta semana, imos volver ao libro de texto. Déixovos aquí o vídeo no que vos explico as actividades que tedes que realizar. Tamén vos deixo esta presentación para completar o apartado de Lingua e sociedade: https://prezi.com/0ihjazs6-u_u/normalizacion/ Calquera dúbida ou cuestión, escribídeme ao correo electrónico. Moito ánimo!
Comentarios
Publicar un comentario