Actividade para todos os cursos. Semana do 20 de abril, a semana do libro!


 Celebramos o día do libro... dende a casa!


Queridas e queridos: 

 Ola a todas e todos!

O día 23 de abril é o día Internacional do libro e nós queremos celebralo porque os libros nos axudan a medrar, a aprender, a imaxinar e permítennos viaxar e soñar!

Deste xeito, escaneamos este libro titulado Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras que podes ler aquí. A través do libro poderás viaxar polo mundo e atopar certo paralelismo coa situación que estamos a vivir. Vaino lendo pouco a pouco, porque con el traballaremos nas vindeiras semanas!
 
Ademais, tamén queremos celebrar este día dende a casa, porque, aínda que non o pareza, está chea de recursos poéticos! 

Aquí van unhas instrucións para axudarvos a realizar a tarefa desta semana:

  1. Rebule na cociña, no salón ou na veiga e mira con novos ollos os obxectos: o relador, o escachanoces, o batedor, a escumadeira, a macheta, unha pa...
  1. Podes atrezzalos ou adornalos un chisco para crear metáforas! Si, é unha tarefa case de manualidades pero seguro que che sae un novo obxecto moi orixinal.
  1. Busca a poesía que teñen!
  1. Engade un enunciado que complete a túa creación ou que reflicta o que estás sentindo.
  1. Relaciónaos cun libro.
  • Podes inspirarte en Joan Brossa, Chema Madoz e Terry Border. Bota un ollo a estes enlaces para coller ideas:




Envíade as vosas fotos co enunciado, tedes de prazo até o venres ás 14:00 horas!

 Faremos un collage poético coas vosas entregas!

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Teus Doces Cantares. Día de Rosalía

Feliz verán a todas e todos!!!