Publicacións

Teus Doces Cantares. Día de Rosalía

Imaxe
 Para conmemorar o Día de Rosalía este curso participamos na actividade da Asociación de escritores en lingua galega coa actividade #TeusDocesCantares. Ademais de traballar na aula co poema "Negra sombra", fixemos esta interpretación da versión de Sebastian Black e It's Soul "Non me asombres, negra sombra". Agardamos que vos guste! Sempre Rosalía!

Recitado de Quíxente tanto, neniña! Día de Rosalía

 Desde o Departamento de Lingua galega e literatura conmemoramos un ano máis a figura de Rosalía de Castro, unha feminista na sombra que aínda séculos despois segue poñendo voz a mulleres de hoxe en día. Aquí vos deixamos o recitado do poema Quíxente tanto, neniña! da man das alumnas de 2º ESO (aínda que o gravación foi feita o curso pasado coa súa profesora Nate) Parabéns, Rosalía!  

Rosalía de Castro

Para achegarnos un pouco máis á figura de Rosalía, puxémoslle música e letra este vídeo o curso pasado coa axuda de Nate Borrajo.  Agardamos que vos guste!

Feliz verán a todas e todos!!!

Queridiñas e queridiños!  Remata o curso! Chegan as vacacións e o descanso... Lembrade unha boa lectura, unha boa música e unha conversa son bos compañeiros de lecer. E se son en galego, mellor aínda!! Bicos grandes, en galego e sen virus!

Última actividade do curso_2ºESO

Imaxe
Ola a todas e a todos! Xa chegamos á última actividade do curso! Desta volta imos facer uns exercicios de repaso xeral. Non é preciso copiar os enunciados e podedes realizar as tarefas no procesador de texto. Se pulsade  aquí  xa acededes. Calquera dúbida, preguntádeme! Ánimo!

Que facemos do 1 ao 5 de xuño en 1º ESO?

Imaxe
Queridiñas e queridiños!! Estreamos mes!!! Xa non queda nada para unhas merecidas vacacións... Un esforzo final!!!! Nesta semana propoño: Acabar o punto 3º do módulo "A grande Viaxe" https://view.genial.ly/5e9420ab82c07e0d857d0e2c/learning-experience-didactic-unit-viaxes Continuar a lectura de Proxecto Bolboreta: ( da páxina 45 á 64). Xogos, desafíos... https://view.genial.ly/5eb6e99d8c034e0d162d58bd/game-verbo E ser moi moi felices!!!

Aí ven o maio

Para rematar a semana queremos despedila por todo o grande co recitado do poema Aí vén o maio de Manuel Curros Enríquez interpretado por Jose Antonio Ledo Álvarez de 3ºESO. Nós tamén queremos un maio sen sen bruxas nin demos, un maio sen segas para a nosa lingua e cultura. Queremos un maio con nenas e nenos, un maio con falantes conscientes que senten orgullo do seu! Queremos 100 maios máis para a nosa lingua! Feliz vida en galego!